Oxford, amen

Oxford, amen.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Ficcion moderna y contemporanea
ISBN:
978-84-9782-430-9
Páginas:
392
Colección:
EDICION LITERARIA - NARRATIVA
21,35 €
IVA incluido
Sin existencias

Carlos Mosqueiro, que acaba de sacar o título de Ciencias Políticas, sen avisar a pais nin noiva, abandona Madrid en tren e cruza cidades, países e mares en busca de algo que descoñece. Tras unhas xornadas nunha comuna londiniense, será en Oxford onde se enfrontará coa súa soidade.
Oxford, amén foi a primeira novela publicada en 1982 por Carlos G. Reigosa. A presente edición galega constitúe a recuperación dunha obra recibida de forma entusiasta pola crítica: "Un libro duro, frío, ambiguo, incluso roto, acerca da viaxe, o caos e a noite do futuro que chegou" (Alfredo Bryce Echenique). "Así como a inesquecible novela El Jarama de Sánchez Ferlosio foi a gran novela dos anos cincuenta e sesenta, Oxford, amén é a das dúas décadas seguintes" (Juan María Gallego Tato). "Reigosa é o noso Kerouac e Oxford, amén é o On the road que ata agora non tiñamos" (Perfecto Conde). "Un profundo diálogo cos mitos da rebeldía xuvenil de todos os tempos" (Francisco J. Satué).

Otros libros del autor