O misterio do barco perdido

O misterio do barco perdido.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Genero policiaco y de misterio
ISBN:
978-84-9782-238-1
Páginas:
248
Colección:
EDICION LITERARIA - NARRATIVA
17,30 €
IVA incluido
Sin existencias

Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara como segundo patrón. Isto lévao a poñerse en contacto co detective Nivardo Castro e co xornalista Carlos Conde. A eles lles corresponderá desenredar a enguedellada madeixa en que se converte a desaparición do barco.
Neste proceso ábrese un horizonte inesperado de aventuras, que inclúen o secuestro, o tráfico de armas, o transporte de mercenarios, o narcotráfico ou o simple roubo. Unha fascinante odisea internacional de acción trepidante, que remata co esclarecemento do intricado caso.
Carlos G. Reigosa logra a tensión e o dinamismo da mellor novela de intriga, nun ambiente oriental, inesperado, sórdido e violento.

Otros libros del autor